Esta vez en Pontevedra, demostramos que somos a mellor banda da sección 3ª de todas as que se presentaron. E dende logo ningunha o fixo mal. Tocando o pasodobre Vertula do noso director Casiano Mouriño, a obra obrigada Saraldara de Javier Ces e a obra libre Highlights from Chess de Johan de Meij superamos á banda de A Guarda e á de Bembrive. Noraboa a todos os músicos da banda, ao director, a Benilde e a todos os que nos apoiaron durante estes días.
O pasado mes de novembro celebramos cunha cea, como ten que ser, o día de Santa Cecilia. Despois de cear, despois dos postres, despois dos licores, despois… pasou o que pasou.
Aquí deixo estes 39 segundos de puro saxo que, segundo quen os vexa, poden ser poucos ou unha eternidade. A seguir así… ou non.
Levamos o 1º premio na sección 3ª do 1º concurso zonal de bandas de música populares de organizado pola Deputación de Pontevedra. Foi en Vilagarcía. Comezamos a tocar arredor das 16:45h. Comezamos con Airiños Aires (G. Freire) e rematamos con Charles Chaplin (Chaplin, Delange, Willson, …).
Grazas a todos; ás nosas frautas Bárbara e Mili; aos clarinetes Manuel, Lorenzo, Carolina, Belén, Lorena, Alicia, Ana, Rubén; aos saxos Juanjo, Sandra, Sara, Águeda, Diego e Manuel Ángel; ás trompas Marta e Paula; ás trompetas e fliscornos Jacobo, Rubén, Manuel, Sonia e Goretti; aos trombóns Manuel Fariña, J. María e Manuel Rivas; ao bombardino e tuba Dani e Nicolás; á percusión Roberto, Juan, Eloy e Vicente; ao piano Fernando e aos reforzos Jose (óboe), Dani (trompa) e Lolo (tuba). Grazas de xeito especial ao noso director Casiano e como non a Benilde. Grazas tamén aos familiares, amigos/as e mozos/as que nos acompañaron co seu ánimo e aplausos.
Hoxe fixémos o último ensaio antes de presentarnos no concurso zonal de bandas que se celebra en Vilagarcía de Arousa. Temos que estar ás 15.30 h. porque como somos da sección 3ª imos de primeiros. A nosa única banda “rival” é a de Lantaño. Esperamos gañar.
Queremos que nos coñezades un pouco mellor, tanto á banda como o resto de actividades que realizamos na nosa asociación, e que esteades ao corrente do que facemos.