Currículo

A Escola e Banda de Música da Vertula de Paradela (Meis) naceu no seo do Centro Cultural A Roda Pequena no ano 1990 cando, por iniciativa de Benilde Hermida, inícianse as clases de solfexo e instrumento. No ano 1992 realiza a súa primeira actuación na parroquia con 15 músicos, Na actualidade todas as actividades se integran dentro da Asociación Cultural A Vertula converténdose no elemento dinamizador máis importante da parroquia. A maioría dos integrantes da Banda da Vertula son rapaces/as e mozos/as de Meis que atopan na música un espacio de lecer e educación.

Realiza actuacións tanto en Galicia como en Portugal e ten participado en diversos certames musicais da nosa xeografía. A nivel pedagóxico colabora con concertos didácticos co C.P.I. de Meis así como a Escola de música Alfaia de Fontiñas (Santiago)

Desde a súa orixe a banda está dirixida de Casiano Mouriño Maquieira, e baixo a súa batuta interpreta un extenso repertorio que inclúe desde a música galega ata as composicións modernas. En colaboración coa Coral Xuntanza de Meis e o Coro de Santa María de Paradela, abordan un repertorio tanto sinfónico coral como popular galego.

No ano 2008 acadou o 1º premio na sección terceira do I concurso zonal de bandas de música organizado pola Deputación de Pontevedra. Neste ano 2009 gañou o 1º premio na sección terceira do IX concurso provincial de bandas de música organizado pola Deputación de Pontevedra

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s