Director

CasianoCasiano Mouriño Maquieira nace en San Lorenzo – Meis (Pontevedra). Inicia os seus estudos   musicais co mestre D. José Laguarta, director da Banda de Música “Unión de  Lantaño”. Continúa os seus estudos nos Conservatorios Superiores de Música de Vigo, Santiago de Compostela e Joaquín Rodrigo de Valencia, onde obtén  os  títulos de Profesor Superior de ”Dirección de Orquestra, Harmonía Contrapunto, Composición e Instrumentación, Saxofón, Profesor de Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, e Elemental de piano“.

No  ano 1.984 ingresa na Banda de Música da E.N.M. de Marín, baixo a dirección do mestre D. José Verea Montero. No ano 1.987 obtén  por oposición  libre a praza de Profesor de Saxofón – Barítono na Banda Municipal de Música  de Santiago de Compostela e, no ano 2.000 obtén a praza de 2ª Director da  Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Tamén formou parte da Banda Sinfónica de Galicia.

A súa interese pola pedagoxía lévao a realizar o “Curso de Aptitude Pedagóxica“ impartido pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén realiza nesta mesma universidade, no Departamento de Historia,  os cursos ”Música e Liturxia na idade de ouro das catedrais españolas”, “Galicia e América: Música, cultura e sociedade arredor do 98“, ”O feito diferencial galego na Música”.

Imparteu como profesor nos Conservatorios Superior de Santiago de Compostela, Conservatorio Profesional “Martín Millán” de Vilagarcía de Arousa  clase de Harmonía e composición, Solfexo e Saxofón. Así mesmo imparteu varios cursos en escolas de música de toda a xeografía galega (Santiago de Compostela, Padrón, Bandeira, Vilagarcía, Negreira, Meis, etc…).

Asiste  a  cursos  de  perfeccionamento de Saxofón impartidos polos mestres D. Jean  Pennings, D. Jean Marie Londeix e D. Andrés Gomis.

Asiste tamén a cursos de Dirección de Orquestra, Banda, e Coro cos mestres Bernardo Adam Ferrero, Helmut Rilling, Henrie Adams, James Ross, Enrique García Asensio, Manuel Galduf Verdeguer, Juan María Esteban, José Susi López, Pier Paolo Scattolin.

Asiste tamén a cursos de Composición e Pedagoxía cos mestres Magnus Lindberg, Ana Mª Navarrete Porta, Antón García Abril, Injoo Joo, Johan de Meij e Fernando Palacios

Desde o ano 2007 ata o mes de outubro de 2009 é director en funcións da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela onde leva dirixido un amplo repertorio que vai dende numerosas transcricións de obras clásicas de compositores de todas as épocas, de zarzuelas, a obras sinfónicas específicas para banda de compositores actuais, en especial de compositores galegos así como numerosos concertos.

Estrea obras de compositores galegos como Saraldara  de Javier Ces, Sigüeiro de José Verea, Amparito Ribeira de Simón Couceiro, Jaime-Martín de E. Melio, Vicente Agulló de Juan Lois, Vertula e Alfaia propias, etc…

Como compositor ten varias obras: Divertimento, para orquesta, Vertula, Alfaia para Banda, Metamorfosium para grupo instrumental (estreada pola Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago, dirixida polo mestre Maximino Zumalave), Saxofonía para saxofón – alto e piano. Tamén ten feito varias transcricións de obras coma Metamorfosis Sinfónicas de P. Hindemith para banda.

Actualmente realiza a súa actividade profesional como Profesor da   Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, director da Escola de Música “Alfaia” de Santiago de Compostela e director da Escola e Banda de   Música da Vertula (Paradela – Meis).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s